mércores, 25 de marzo de 2020

PARABÉNS NUNO!

Aínda que con bastantes días de atraso non queremos que se nos esqueza de felicitar a Nuno, que xa ten 5 anos!
Queremos enviarlle dende aquí moito ánimo e mil bicos e apertas!
Ánimo a tod@s , estámolo a facer xenial e de seguro que pronto poderemos celebrar como se merece tod@s xunt@s!!

mércores, 19 de febreiro de 2020

Parabéns Rodrigo!

Aquí tedes as fotos que demostran o ben que o pasamos celebrando o cumpre de Rodrigo. Tras soprar as velas e gozar da merenda, os papás de Rodrigo compartiron connosco unha sesión do máis creativa. Despois de contarnos as aventuras do can López, convertémonos ao ritmo da música en pallasos, equilibristas e monstros de chicle!

Moitas grazas por todo, pasámolo xenial!!

















xoves, 30 de xaneiro de 2020

A PAZ COMEZA CUN SORRISO

Hoxe coñecemos o que significaba a pomba que aparecía no noso calendario hoxe: é o día da paz. Nós debuxamos na asamblea esta fermosa pomba engadindo unha parte cada un ata completala
Tamén coñecemos aos Paiasos sen fronteiras e a súa labor.
Houbo alguén que gañou unha risa  xeral aproveitando un botón descosido que atopou...^^ 

 Din que a paz comeza cun sorriso asique...desexámosvos moita paz!

mércores, 22 de xaneiro de 2020

Parabéns Aitana!


Onte celebramos o aniversario de Aitana!
Xa sopramos a vela do número 5! E fixémolo con una visita ben divertida!
A mamà de Aitana preparounos uns xogos moi circenses!
Fixemos malabares con globos, circuitos de aros como os domadores e tamén caminamos pola corda, como as\os equilibristas! E logo pintámonos a cara como personajes do circo!
Menuda mañá pasamos!
Mil gracias!

xoves, 19 de decembro de 2019

PARABÉNS THIAGO

Hoxe este mozo está de aniversario e con toda a forza do mundo soprou a súa veliña rodeado do cariño e os aplausos de todos os compis!
Parabéns para ti Thiago!!

luns, 9 de decembro de 2019

PARABÉNS AZAHARA!

Hoxe estamos de celebración!
Azahara cumple  4 aniños e xa o celebramos cunha gran merendola e soprando a veliña con todas as nosas forzas!
Parabéns para ti Azahara!

martes, 3 de decembro de 2019

O TOCADISCOS

A semana pasada tivemos na clase un trebello moi especial. Cando o vimos fixemos varias hipóteses sobre o que podería ser pero enseguida nos explicó Nuño que era un tocadiscos e que servía para escoitar música nuns discos especiais: os vinilos. Bailamos ao ritmo de Michael Jackson, desfrutamos do conto e  BSO de Pinocho ou de clásicos como Parchís.
Aquí vos deixamos unha imaxe para que poidades ver qué atentos estivemos ás exolicacións do experto e o que desfrutamos. Ata fixemos merendas con música e convidamos as\aos compis de 5 anos!
Moitas gracias a Nuno e a súa familia por prestàrnolo e ter una iniciativa tan chula. E