domingo, 29 de setembro de 2019

UNHA HORTA INTERIOR

Esta semana desfrutamos do conto  "A horta de Simón" e o venres, por sorpresa,  apareceu na nosa aula unha cesta de leitugas para transplantar. Quen sabe...poida que Simón as deixase para que fixésemos nós tamén unha horta !
Como a nosa parcela do invernadoiro aínda non está lista (temos que arrincar as malas herbas e preparar a terra) decidimos facer unha pequena horta dentro da aula.
Somos listas/os "coma allos" e mentres plantabamos,  adiviñamos qué precisan as plantas para vivir e tamén descubrimos que as plantas teñen uns "pelos" ,que van colocados na terra, cos que se agarran e se alimentan: AS RAÍCES.

Agora, cada equipo somos @s encargad@s de coidar da nosa leituga para que medre e se poña ben forte. 

Aquí vos deixamos o proceso para que o disfrutedes dende a fiestra case tanto como fixemos nós. 

xoves, 26 de setembro de 2019

RECANTOS

O xogo por recantos é  parte do noso día a día e non queremos deixar de ensinarvos a seriedade coa que vimos traballando neles. Perruqueir@s, doutores/as , enxeñeir@s...somos tod@s uns/has profesionais na materia.




mércores, 25 de setembro de 2019

KANDINSKY

Seguimos o curso con moito arte.
 Coñecemos a un pintor que ten cadros onde cadaquen ve algo diferente: tobogáns de auga, escaleiras, pianos, tuberías...
Estanos gustando moito e decidimos que iamos a facer un cadro coma o seu...con círculos de cores. 
Collemos paleta, pincel e ...mans á obra (de arte)!!!

MATES ROBÓTICAS

Boas de novo!
Hoxe queremos presentarvos ao noso amigo o Escornabot, que nos acompaña en xogos tan divertidos como este: asociamos a cantidade que sae no dado ao número que corresponde e programamos o Escornabot para que chegue ata él.
 É que isto das mates pode ser ben divertido!


mércores, 18 de setembro de 2019

TOSTAS DE XOANIÑA

Pronto remata o verán pero non queriamos despedilo sen recoller a colleita do noso horto e aquí tedes o resultado! Aínda que houbo que recurrir tamén a productos mercados (porque algúns tomates xa estaban algo maduros de máis) o resultado foi ben apetitoso. Mirade!

martes, 17 de setembro de 2019

TRASVASES

O ano pasado xa probamos a facer trasvases na nosa mesa sensorial pero este ano toca aplicalo á para resolver situacións cotiás. E qué ben sabemos facelo. O de servirnos a auga sós/soas cando temos sede xa está máis que controlado.


venres, 13 de setembro de 2019

UN TOQUE DE CORAZÓN...

Benvidos ao novo curso!!
Estreamos aula nova e gustounos moito pero faltáballe algo...
Qué sorte que @s nos@s 19 peques chegaron cos seus corazóns repletos de cariño e alegría para decorala co verdadeiramente importante!!  Arrancamos!