xoves, 19 de decembro de 2019

PARABÉNS THIAGO

Hoxe este mozo está de aniversario e con toda a forza do mundo soprou a súa veliña rodeado do cariño e os aplausos de todos os compis!
Parabéns para ti Thiago!!

luns, 9 de decembro de 2019

PARABÉNS AZAHARA!

Hoxe estamos de celebración!
Azahara cumple  4 aniños e xa o celebramos cunha gran merendola e soprando a veliña con todas as nosas forzas!
Parabéns para ti Azahara!

martes, 3 de decembro de 2019

O TOCADISCOS

A semana pasada tivemos na clase un trebello moi especial. Cando o vimos fixemos varias hipóteses sobre o que podería ser pero enseguida nos explicó Nuño que era un tocadiscos e que servía para escoitar música nuns discos especiais: os vinilos. Bailamos ao ritmo de Michael Jackson, desfrutamos do conto e  BSO de Pinocho ou de clásicos como Parchís.
Aquí vos deixamos unha imaxe para que poidades ver qué atentos estivemos ás exolicacións do experto e o que desfrutamos. Ata fixemos merendas con música e convidamos as\aos compis de 5 anos!
Moitas gracias a Nuno e a súa familia por prestàrnolo e ter una iniciativa tan chula. E