mércores, 27 de novembro de 2019

AS MANS PARA CREAR

O prometido é débeda. 
Aquí vos queda a nosa primera creación audiovisual en forma de videoclip. 
Agardamos que desfrutedes dela tanto como o fixemos nós




luns, 25 de novembro de 2019

25 DE NOVEMBRO

Hoxe é 25 de Novembro.
A semana pasada traballamos esta temática nos talleres internivel con todos os compis de infantil . Como resultado saiu unha exposición (que xa podedes disfrutar todas e todos no noso patio cuberto).
Tamén na aula, hoxe conmemoramos o Día Internacional para a eliminación da Violencia de Xénero.
Moi prontiño poderedes ver o resultado pero, para ir abrindo boca, aquí vos queda unha pequeniña mostra.
 Empregamos as nosas mans para crear un gran lazo morado e tamén unha creación audiovisual.  E é que coas nosas mans sabemos facer un montón de cousas.
Se algo temos claro é que :
"AS MANS SON PARA CREAR, NON PARA DESTRUÍR". 
25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. 

martes, 19 de novembro de 2019

CASTAÑAS Ó CESTO!

O pasado venres celebramos o magosto e fixemos estés chulísimos castañeiros : cortamos, pegamos, pintamos, qqescribimos o noso nome e ensartamos o lazo parque facer a asa.  Un traballo que deu un resultado así de colorido...e de saboroso! Porque logo enchémolos con castañas asadas!
ÑAM,  ÑAM!!

martes, 12 de novembro de 2019

PARABÉNS CARLOTA!

Así de contenta entrou Carlota nos sus 4 anos, estivo de aniversario na fin de semana pero celebrámolo coas mesmas ganas que no día oficial!
Non faltou un riquísimo biscoito que nos trouxo a súa familia, a música e moita diversión!
Parabéns!

luns, 11 de novembro de 2019

Parabéns Miguel!

O pasado venres Miguel estivo de aniversario e celebrámolo por todo o alto! Sopramos as velas, merendamos un rico biscoito de limón e o papá e a mamá de Miguel (Miguel e Carmen) acompañáronnos e contáronnos o conto de " Paco y Vivaldi".  Encantóunos!