xoves, 30 de xaneiro de 2020

A PAZ COMEZA CUN SORRISO

Hoxe coñecemos o que significaba a pomba que aparecía no noso calendario hoxe: é o día da paz. Nós debuxamos na asamblea esta fermosa pomba engadindo unha parte cada un ata completala
Tamén coñecemos aos Paiasos sen fronteiras e a súa labor.
Houbo alguén que gañou unha risa  xeral aproveitando un botón descosido que atopou...^^ 

 Din que a paz comeza cun sorriso asique...desexámosvos moita paz!

mércores, 22 de xaneiro de 2020

Parabéns Aitana!


Onte celebramos o aniversario de Aitana!
Xa sopramos a vela do número 5! E fixémolo con una visita ben divertida!
A mamà de Aitana preparounos uns xogos moi circenses!
Fixemos malabares con globos, circuitos de aros como os domadores e tamén caminamos pola corda, como as\os equilibristas! E logo pintámonos a cara como personajes do circo!
Menuda mañá pasamos!
Mil gracias!