xoves, 30 de xaneiro de 2020

A PAZ COMEZA CUN SORRISO

Hoxe coñecemos o que significaba a pomba que aparecía no noso calendario hoxe: é o día da paz. Nós debuxamos na asamblea esta fermosa pomba engadindo unha parte cada un ata completala
Tamén coñecemos aos Paiasos sen fronteiras e a súa labor.
Houbo alguén que gañou unha risa  xeral aproveitando un botón descosido que atopou...^^ 

 Din que a paz comeza cun sorriso asique...desexámosvos moita paz!