mércores, 19 de febreiro de 2020

Parabéns Rodrigo!

Aquí tedes as fotos que demostran o ben que o pasamos celebrando o cumpre de Rodrigo. Tras soprar as velas e gozar da merenda, os papás de Rodrigo compartiron connosco unha sesión do máis creativa. Despois de contarnos as aventuras do can López, convertémonos ao ritmo da música en pallasos, equilibristas e monstros de chicle!

Moitas grazas por todo, pasámolo xenial!!